Monday 13 de May de 2024

Un neno de 9 anos presenta unha recreación histórica dunha cidade romana con playmobil


Un neno de nove anos expón unha maqueta dunha cidade de Cambre da época imperial romana, composta de bonecos de playmobil, no Museo Romano de Cambre. O neno, Rodrigo Lorenzo Fernández, leva moito tempo contruíndo esta polis romana.

Nela pódense apreciar os desfiles do exército romano, as loitas dos gladiadores, os pescadores da época e os mercadillos e ata un navío cruzando polo Mero. É unha verdadeira recreación histórica que mostra detalles da cultura romana ao seu paso pola vila cambresa.

A Concellaría de Patrimonio que dirixe Ramón Boga organiza esta mostra que se poderá ver a partir do 19 de maio no Museo do Xacemento Romano de Cambre e leva por título “Playmobil ergo sum”.